O 30 de xeneiro celebrase o día escolar da non violencia e a paz.
Esta celebración xorde dunha iniciativa promovida en 1964 polo profesor, poeta e pacifista mallorquín Lorrenç Vidal (Lorenzo Vidal), cuxo obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.
Escolleuse o 30 de xaneiro para conmemorar a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi en 1948, quen foi asasinado a tiros.
Como o celebramos dende a biblioteca?
Coa axuda de todos os alumnos/as do centro imos a realizar unha replica da "Campá xaponesa da PAZ"
A campá xaponesa da paz é
un símbolo da paz das Nacións Unidas, situada na cidade de Nueva York na 42nd
Street y First Avenue, dentro da área do territorio das Nacións Unidas.
Foi un agasallo oficial do pobo xaponés ás Nacións Unidas o 8 de xuño de
1954.
Pesa 116 quilos cunha altura de 1 metro e 0,6 metros de diámetro na base, o
metal da campá foi obtida das medas doadas polos delegados de 60 nacións que
asistiron á 13º conferencia Xeral de Asociacións pro Nacións Unidas, celebra en
París en 1951. As moedas obtivéronse dos delegados polos rapaces.
A campá atopase nunha estrutura xaponesa de madeira de ciprés que
asemellase a un tradicional santuario xintoísta. Toda a estrutura apoiase nunha
base de pedra doada pos Israel.
0 comentarios:
Publicar un comentario