martes, 27 de octubre de 2015 0 comentarios

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O luns 25 de outubro celebramos no cole o día das bibliotecas escolares.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que fixemos.


miércoles, 28 de enero de 2015 0 comentarios

Lecturas sobre a PAZ

Aquí tedes unhas recomendacións de libros que tratan o tema da Paz. Están organizados por idaes.
Esperamos que vos gusten.


0 comentarios

O día da Paz

O 30 de xeneiro celebrase o día escolar da non violencia e a paz.
Esta celebración xorde dunha iniciativa promovida en 1964 polo profesor, poeta e pacifista mallorquín Lorrenç Vidal (Lorenzo Vidal), cuxo obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.

Escolleuse o 30 de xaneiro para conmemorar a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi en 1948, quen foi asasinado a tiros.
 Como o celebramos dende a biblioteca?

Coa axuda de todos os alumnos/as do centro imos a realizar unha replica da "Campá xaponesa da PAZ"



A campá xaponesa da paz é un símbolo da paz das Nacións Unidas, situada na cidade de Nueva York na 42nd Street y First Avenue, dentro da área do territorio das Nacións Unidas.
 
Foi un agasallo oficial do pobo xaponés ás Nacións Unidas o 8 de xuño de 1954.

Pesa 116 quilos cunha altura de 1 metro e 0,6 metros de diámetro na base, o metal da campá foi obtida das medas doadas polos delegados de 60 nacións que asistiron á 13º conferencia Xeral de Asociacións pro Nacións Unidas, celebra en París en 1951. As moedas obtivéronse dos delegados polos rapaces.


A campá atopase nunha estrutura xaponesa de madeira de ciprés que asemellase a un tradicional santuario xintoísta. Toda a estrutura apoiase nunha base de pedra doada pos Israel.



martes, 27 de enero de 2015 0 comentarios

O desexo do Gato Klops

Onte visitounos Estefania Padullés para contornos cal era o desexo do Gato Klops a través dunhas magnificas ilustracións, compartindo un rato agradable cos noso alumnos.





miércoles, 21 de enero de 2015 0 comentarios

Contacontos: O desexo do gato Klops

O luns 26 de Xaneiro visitaranos a escritora e ilustradora Estefanía Padullés para contarnos e firmar o seu conto O desexo do gato Klops (Editorial Hércules).
Este álbume ilustrado relata, a través do texto e das magníficas ilustracións, o que lle ocorreu a un simpático gato doméstico. O gato Klops descobre unha estrela e pensa en pedirlle un desexo, pero non se acaba de decidir: Converterse en monstro?, en princesa?, en paxaro?...




lunes, 19 de enero de 2015 0 comentarios

Nesta semana estamos a traballar a Paz

                                                      


                                                 
0 comentarios

30 de Xaneiro, DIA DA PAZ


domingo, 18 de enero de 2015 0 comentarios

Visita de RadioVoz

O mércores pasado RadioVoz Valdeorras emitíu a entrevista que lle fixeron os nenos de 5 anos do noso cole. Nela ademais de falar sobre as vacacións de Nadal e os Reis Magos os nosos alumnos contaron os contos Ovelliña dáme la e La oruga glotona. Tamén entrevistaron as profes Ana e Paula que falaron sobre a importancia dos contos e a animación á lectura na etapa de Infantil.
Esperamos que vós gustara!!.
En canto podamos subiremos a grabación do programa.

Foto realizada pola reporteira de RadioVoz


lunes, 5 de enero de 2015 0 comentarios

La pequeña oruga glotona


Durante o mes de xaneiro os nenos da clase de 5 anos traballaremos o conto: La pequeña oruga glotona de Eric Carle. (Editorial Kókinos).
Este é un libro que mostra aos nen@s a maxia da metamorfose da natureza. Trata sobre unha eiruga que era moi pequena e tiña moita fame; así que pasou todo o conto comendo, atravesando páxina tras páxina. Ata que finalmente se converteu, como todas as eirugas, en bolboreta.

Veremos como as nosas propias eirugas van evolucionando dende que son ovos ata chegar a ser bolboretas!!


 
;