jueves, 18 de diciembre de 2014 0 comentarios

Recomendacións de Lectura dende os 9 ata os 12 anos.

  Aquí deixamoslle unha pequena axuda a Papá Noel e os Reis Magos para que neste Nadal nos agasallen cun libro. 

martes, 9 de diciembre de 2014 0 comentarios

TROCO LIBROS POR COMIDA

Dende a Biblioteca queremos poñer en marcha unha recollida de alimentos para o cal queremos solicitar a vosa axuda.
Trocamos libros por alimentos: tres libros por un quilo de alimentos non perecedeiros.
Estes alimentos entregaranse no banco de alimentos de Valdeorras.


ANIMATE!!!!  SE  SOLIDARIO..

EXPOSICIÓN DE LIBROS  NO VESTÍBULO
domingo, 30 de noviembre de 2014 0 comentarios

CORRE CORRE, CABACIÑA. 2ª parte

Os nenos e nenas de cinco anos tamén traballamos este conto e ó igual ca os nosos compañeiros de catro, gustaríanos animarvos a que o leades. 

Con este motivo deixamos aquí unha das actividades realizadas para vivenciar mellor o conto. Como podedes imaxinar o conto está cheo de cabazas e nós querémosvos ensinar a facer unha, é moi sinxelo, e o resultado gustaravos moito. Tamén vos amosamos un orixinal mural.

Non vos entran ganas de correr a polo conto?


viernes, 28 de noviembre de 2014 0 comentarios

CORRE CORRE, CABACIÑA. 1ª parte

Os rapaciños e rapaciñas de infantil 4 e 5 anos estamos a traballar este trimestre, en animación á lectura o conto: "Corre corre, cabaciña" de Eva Mejuto y André Letria. Editorial OQO. e gustaríanos recomendar a súa lectura.

Para que vexades o ben que o pasamos, os nen@s de catro anos deixámosvos este video dunha das actividades, onde disfrazados de cabaza puxémonos no papel da avoíña protagonista do relato.

Veña ide por el á biblioteca e a ver que ideas se vos ocorren despois de lelo!.


http://almacen.pbworks.com/f/cabaza_cabacita4a14.html

fonte da música:http://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc
miércoles, 26 de noviembre de 2014 0 comentarios

UN BECHO ESTRAÑO

O alumnado de infantil 3 anos estamos a dinamizar o conto: "Un becho estraño"( texto: Mon Daporta e ilustracións:Óscar Villán. Editorial Factoría K de libros), como nos gustou moito querémosvolo recomendar. 
É moi divertido, ten rima e ofrece moitas posibilidades e interesantes actividades que podedes descubrir se visitades o blog "os viloiriños", onde están todas recollidas.

Veña amiguiños, non deixedes de lélo se visitades a biblioteca!.

Por se non o atopades, aquí vos deixamos un adianto do conto elaborado por nós coa nosa profe de animación á lectura, dese modo ídelo coñecendo...


lunes, 24 de noviembre de 2014 0 comentarios

BENVIDOS Ó BLOG DA NOSA BIBLIOTECA



 
;