lunes, 5 de enero de 2015

La pequeña oruga glotona


Durante o mes de xaneiro os nenos da clase de 5 anos traballaremos o conto: La pequeña oruga glotona de Eric Carle. (Editorial Kókinos).
Este é un libro que mostra aos nen@s a maxia da metamorfose da natureza. Trata sobre unha eiruga que era moi pequena e tiña moita fame; así que pasou todo o conto comendo, atravesando páxina tras páxina. Ata que finalmente se converteu, como todas as eirugas, en bolboreta.

Veremos como as nosas propias eirugas van evolucionando dende que son ovos ata chegar a ser bolboretas!!


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
;