miércoles, 26 de noviembre de 2014

UN BECHO ESTRAÑO

O alumnado de infantil 3 anos estamos a dinamizar o conto: "Un becho estraño"( texto: Mon Daporta e ilustracións:Óscar Villán. Editorial Factoría K de libros), como nos gustou moito querémosvolo recomendar. 
É moi divertido, ten rima e ofrece moitas posibilidades e interesantes actividades que podedes descubrir se visitades o blog "os viloiriños", onde están todas recollidas.

Veña amiguiños, non deixedes de lélo se visitades a biblioteca!.

Por se non o atopades, aquí vos deixamos un adianto do conto elaborado por nós coa nosa profe de animación á lectura, dese modo ídelo coñecendo...


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
;