domingo, 30 de noviembre de 2014 0 comentarios

CORRE CORRE, CABACIÑA. 2ª parte

Os nenos e nenas de cinco anos tamén traballamos este conto e ó igual ca os nosos compañeiros de catro, gustaríanos animarvos a que o leades. 

Con este motivo deixamos aquí unha das actividades realizadas para vivenciar mellor o conto. Como podedes imaxinar o conto está cheo de cabazas e nós querémosvos ensinar a facer unha, é moi sinxelo, e o resultado gustaravos moito. Tamén vos amosamos un orixinal mural.

Non vos entran ganas de correr a polo conto?


viernes, 28 de noviembre de 2014 0 comentarios

CORRE CORRE, CABACIÑA. 1ª parte

Os rapaciños e rapaciñas de infantil 4 e 5 anos estamos a traballar este trimestre, en animación á lectura o conto: "Corre corre, cabaciña" de Eva Mejuto y André Letria. Editorial OQO. e gustaríanos recomendar a súa lectura.

Para que vexades o ben que o pasamos, os nen@s de catro anos deixámosvos este video dunha das actividades, onde disfrazados de cabaza puxémonos no papel da avoíña protagonista do relato.

Veña ide por el á biblioteca e a ver que ideas se vos ocorren despois de lelo!.


http://almacen.pbworks.com/f/cabaza_cabacita4a14.html

fonte da música:http://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc
miércoles, 26 de noviembre de 2014 0 comentarios

UN BECHO ESTRAÑO

O alumnado de infantil 3 anos estamos a dinamizar o conto: "Un becho estraño"( texto: Mon Daporta e ilustracións:Óscar Villán. Editorial Factoría K de libros), como nos gustou moito querémosvolo recomendar. 
É moi divertido, ten rima e ofrece moitas posibilidades e interesantes actividades que podedes descubrir se visitades o blog "os viloiriños", onde están todas recollidas.

Veña amiguiños, non deixedes de lélo se visitades a biblioteca!.

Por se non o atopades, aquí vos deixamos un adianto do conto elaborado por nós coa nosa profe de animación á lectura, dese modo ídelo coñecendo...


lunes, 24 de noviembre de 2014 0 comentarios

BENVIDOS Ó BLOG DA NOSA BIBLIOTECA



 
;